A Compañía
 
Embutidos Lalinense S.A.T. é unha empresa familiar que nace en 1949 có obxectivo de elaborar embutidos de gran calidade seguindo a tradición da Comarca do Deza. Na actualidade, ademáis da elaboración de embutidos a nosa actividade extendeuse a outros ámbitos e así, contamos con matadoiro de porcino propio, sala de despece e almacén frigorífico para ofrecer os nosos clientes unha variada gama de produtos de porco de primeira calidade.
O noso obxectivo primordial é ofrecer ós nosos clientes produtos da ma´xima calidade; por iso controlamos todo o proceso de transformación desde a orixe na selección dos animais destinados ó sacrificio e continuando cós controis que se realizan ó largo de tódalas etapas que conleva o proceso de fabricación. Combinado coa modernidade das nosas instalacións, mantemos a elaboración tradicional dos nosos embutidos, caracterizados polo atado manual e o afumado con madeira de carballo.
Todo iso fainos sentir orgullosos de proporcionar os nosos clientes os mellores productos resultado da combinación perfecta de tradición e modernidade.
     
     
 
 
 
 
 
catálogo